Voto do persoal embarcadoAVISO IMPORTANTE: "A Xunta Electoral Central, en sesión do 27 de setembro do 2012, acordou ampliar- con carácter xeral, para todos os electores que exerzan o voto por correspondencia- o prazo para o depósito do sobre de votación nas Oficinas de Correos de toda España ata o día 18 de outubro, no horario habitual de funcionamento das devanditas Oficinas".
Electores
ProcedementoÉ unha variante do voto por correo con algunhas especialidades. O/A elector/a solicítalle o certificado de inscrición no censo electoral e a documentación para exercer o dereito de sufraxio á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral onde o/a elector/a está inscrito/a por radiotelegrafía, correo electrónico ou fax. Na mensaxe deben constar os seguintes datos:
No caso de que se poida recibir a documentación electoral por medio doutro buque, indicarase ao armador, consignatario ou buque a onde debe ser enviada. A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente, comprobada a inscrición do/a interesado/a, considerará como recibida a solicitude e procederá a remitir a documentación ao porto ou, no seu caso, ao armador, consignatario ou buque que o/a elector/a designase. O/A elector/a tras recibir a documentación, remitirá por correo certificado e urxente, desde calquera dos portos nos que o buque atraque, a documentación electoral á mesa electoral na que lle corresponda votar. |