Acreditación do dereito ao votoO dereito de sufraxio pertence aos/ás maiores de idade que ostenten a condición de galegos/as e non estean comprendidos en ningún dos supostos previstos na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral sobre a privación do dereito de sufraxio. Para o seu exercicio é indispensable a súa inscrición no Censo Electoral vixente. Para acreditar o dereito ao voto é necesario presentar ante os/as vogais e os/as interventores/as algún dos seguintes documentos:
Non importa que estes documentos estean caducados pero teñen que ser os orixinais, non son válidas as fotocopias. Se a pesar de mostrar estes documentos, aparecen dúbidas sobre a identidade do/a elector/a, a mesa, tendo en conta os documentos achegados e o testemuño que poidan presentar os/as electores/as presentes, decidirá por maioría dos seus membros. A continuación, os/as vogais e interventores/as comprobarán que o/a elector/a figura inscrito/a na lista do censo electoral. Se o/a elector/a non figura na lista do censo, só poderá votar na mesa se presenta algún destes documentos:
As certificacións censuais específicas pódeas solicitar persoalmente o/a elector/a na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral ata o mesmo día da votación e antes da hora de peche dos colexios electorais. Poden ser solicitadas por fax, a través do concello, e remitidas aos/ás interesados/as por este mesmo medio. Será válido para a votación tanto o orixinal da certificación censual específica como a recibida por fax a través do concello respectivo. Os/As electores/as coñecerán o colexio electoral e a mesa na que lles corresponde votar, a través de dous medios: a páxina web da Oficina do Censo Electoral e mediante as tarxetas censuais que esta remite aos/ás electores/as. |