Dereitos e deberes dos electores¿Quen pode votar?Poden votar os/as electores/as inscritos/as no censo electoral. Para ser elector/a nestas eleccións ao Parlamento de Galicia hai que ter a condición de galego/a, ser maior de idade, e gozar do dereito de sufraxio activo. De acordo co artigo 3, do Estatuto de Autonomía de Galicia, teñen a condición política de galegos/as todos/as os/as cidadáns/ás españois/las que teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia, así como os/as españois/las residentes no estranxeiro que tivesen a última veciñanza administrativa en Galicia e que acrediten a súa condición no correspondente consulado de España. Gozarán tamén destes dereitos os/as seus/súas descendentes inscritos/as como españois/las se así o solicitan na forma que determina a lei do Estado. Son maiores de idade os/as que cumprisen os 18 anos antes da votación ou os que cumpran nesa mesma data. Non debe esquecerse que, ademais de cumprir as condicións persoais necesarias para ser elector/a, é preciso estar inscrito no censo electoral vixente. ¿Pode votar alguén que cumpre os 18 anos o día da votación?Si. Calquera persoa que cumpra os 18 anos o día da votación pode votar. ¿É obrigatorio votar?Non. Ninguén pode ser obrigado/a nin coaccionado/a baixo ningún pretexto no exercicio do seu dereito de sufraxio, nin a revelar o seu voto. ¿Onde se pode votar?Os/As electores/as só poden votar na mesa do censo na que estean inscritos, agás cando estean acreditados/as como interventores/as dunha candidatura. Os/As interventores/as das candidaturas só poden votar na mesa na que están acreditados/as para exercer esa función (que pode ser aquela onde se atopan inscritos no censo ou outra calquera da súa mesma circunscrición). |