Voto dos electores en penitenciaríasAVISO IMPORTANTE: "A Xunta Electoral Central, en sesión do 27 de setembro do 2012, acordou ampliar- con carácter xeral, para todos os electores que exerzan o voto por correspondencia- o prazo para o depósito do sobre de votación nas Oficinas de Correos de toda España ata o día 18 de outubro, no horario habitual de funcionamento das devanditas Oficinas".
ElectoresInternos en centros penitenciarios non privados do dereito de sufraxio. ProcedementoExpóñense ante a poboación interna as normas electorais que regulan o voto por correo e organízanse sesións informativas de explicación e aclaración do procedemento de votación. O/A director/a de cada centro penal solicita á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. que un/unha funcionario/a deste servizo se desprace nunha data determinada ao centro cos impresos de solicitude de inscrición no censo necesarios para que, alí mesmo, sexan cubertos polos/as internos/as. Se algún/algunha recluso/a carecese de Documento Nacional de Identidade, basta co documento de identidade interior que teñen todos/as os/as internos/as, sempre que apareza a fotografía. A Oficina do Censo Electoral debe remitir á penitenciaría na que se atope o/a recluso/a, sobres e papeletas suficientes que deben ser entregadas persoalmente polo/a funcionario/a de Correos ao/á elector/a. O/A elector/a elixe a papeleta, introdúcea no sobre, e este noutro sobre que irá dirixido á mesa electoral que corresponda. O/A traballador/a de Correos fará chegar os sobres ás correspondentes mesas electorais o día da votación. |