O EscrutinioO escrutinio de resultados realízase da seguinte forma: 1) EXTRAER O SOBRE DA URNA ABERTA E LER A PAPELETA Logo de abrir a urna, o/a presidente/a sacará, un a un, os sobres da urna, abriraos e lerá en voz alta o nome da candidatura votada. Os sobres abertos hanse de conservar para o seu reconto posterior. Ao examinar os sobres e as papeletas, ademais de votos válidos a candidaturas, poderán encontrarse casos de:
Estas dúas categorías han de terse en conta para os efectos de reconto e determinación do resultado da votación. Son VOTOS EN BRANCO:
Son VOTOS NULOS:
2) ENSINAR A PAPELETA AOS/ÁS VOGAIS, INTERVENTORES/AS E APODERADOS/AS O/a presidente/a mostrará cada papeleta, unha vez lida, aos/ás vogais, interventores/as e apoderados/as. Se algún notario/a, candidato/a ou representante de candidatura, presente no acto de escrutinio, tivese dúbidas sobre o contido dunha papeleta, poderá pedila para o seu exame ante os membros da mesa. 3) COMPROBAR QUE O NÚMERO DE SOBRES COINCIDE CO DE VOTANTES ANOTADOS/AS NA LISTA NUMERADA DE VOTANTES Terminado o escrutinio ha de comprobarse que o número de sobres extraídos da urna coincide co de electores/as que votasen (anotados na lista numerada de votantes). A lista numerada de votantes incluirá os/as votantes que achegasen a certificación específica de alta no censo da mesa. Estas persoas en principio, non estaban incluídas na lista do censo que manexa a mesa pero terán votado tamén na mesa ao teren achegado a citada certificación específica de alta. 4) RESOLVER AS RECLAMACIÓNS E PROTESTAS CONTRA O ESCRUTINIO O/a presidente/a preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se se presenta algunha protesta ou reclamación contra o escrutinio, resolveraa a mesa por maioría dos seus membros. 5) DESTRUÍR AS PAPELETAS DE VOTACIÓN As papeletas destruiranse en presenza dos/as asistentes. Non obstante, NON DEBEN DESTRUÍRSE as seguintes papeletas:
Coas papeletas que non se destrúan debe facerse o seguinte:
|