Paridade electoral

¿Que é a paridade electoral?

A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.

A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso, eleccións locais, Consellos insulares, Cabildos insulares canarios, Parlamento Europeo e Asembleas Lexislativas das Comunidades autónomas.

Esta composición equilibrada supón que no conxunto da lista, e, en todo caso, en cada tramo de cinco postos, os candidatos dun ou outro sexo non poderán estar representados en menos do 40%.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a | Aviso legal