Voto CERA

Electores

Os/As electores/as inscritos no censo de residentes-ausentes que vivan no estranxeiro deberán formular mediante impreso oficial a solicitude de voto dirixida a correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, non máis tarde do 22 de setembro.

Descarga solicitude de documentación electoral para o voto CERA

Procedemento

As Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral envían por correo certificado, non máis tarde do 1 de outubro, no caso de que se impugnara a proclamación de candidatos, que sería o 9 de outubro de 2012, aos/ás inscritos/as no censo de residentes ausentes que vivan no estranxeiro, a documentación necesaria para que exerzan o seu dereito de sufraxio.

Esta documentación é a seguinte:

  • as papeletas e o/s sobre/s de votación
  • dous certificados idénticos de estar inscrito no Censo de Residentes Ausentes
  • un sobre no que debe figurar o enderezo da Xunta Electoral correspondente que realizará o escrutinio
  • un sobre no que debe figurar o enderezo da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática na que están inscritos

Unha vez recibida a documentación, os/as electores/as teñen dúas posibilidades para exercer o seu dereito ao voto:

  • por correo, introducindo no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:
    • sobre de votación coa papeleta introducida
    • un certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes
    • fotocopia do pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade española ou de inscrición no rexistro de matrícula consular (os facilitan os Consulados de España)

Introducir este sobre no sobre dirixido á Oficina Consular de Carreira ou á Seccion Consular da Misión Diplomática e enviar por correo certificado non máis tarde do día 16 de outubro

  • depositando o seu voto en urna, entregando persoalmente o sobre, dirixido á Xunta Electoral Provincial e no que debe ter introducido: sobre de votación coa papeleta introducida, 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes, fotocopia do pasaporte español ou Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto certificación de nacionalidade española ou de inscrición no rexistro de matrícula consular (os facilitan os Consulados de España). O elector entregará persoalmente o sobre na mesa electoral situada nas oficinas consulares de España entre o 17 e o 19 de outubro, ambos inclusivos e entregará, así mesmo 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes e acreditará mediante: pasaporte español orixinal ou Documento Nacional de Identidade orixinal ou, no seu defecto certificación de nacionalidade española ou de inscrición no rexistro de matricula consular (orixinais).

En ambos os supostos será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre remitido á Oficina Consular de Carreira ou á Sección Consular da Misión Diplomática, no caso do voto por correo, ou á Xunta Electoral Provincial, no caso do voto en urna, un cuño ou outra inscrición oficial dunha oficina de correos do estado correspondente ou, no seu caso, da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática, que certifique, de modo indubidable, o cumprimento do requisito temporal.

O día do escrutinio xeral (29 de outubro), e antes de que se faga, a Xunta Electoral competente correspondente constitúese en mesa electoral, ás oito horas da mañá, cos/as interventores/as que para tal efecto designen as candidaturas concorrentes.

A continuación, o/a seu/súa presidente/a procede a introducir na urna ou urnas os sobres de votación dos residentes ausentes recibidos ata ese día, e o/a secretario/a anota os nomes dos/as votantes na correspondente lista. Acto seguido, a xunta escruta todos estes votos e incorpora os resultados ao escrutinio xeral.

Pode atopar máis información na páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a | Aviso legal