Voto do electorado temporalmente no estranxeiroAVISO IMPORTANTE: "A Xunta Electoral Central, en sesión do 27 de setembro do 2012, acordou ampliar- con carácter xeral, para todos os electores que exerzan o voto por correspondencia- o prazo para o depósito do sobre de votación nas Oficinas de Correos de toda España ata o día 18 de outubro, no horario habitual de funcionamento das devanditas Oficinas".
ElectoresDeben reunir as seguintes características conxuntamente:
ProcedementoTrátase dunha especialidade de voto por correo que se emite desde o estranxeiro logo da solicitude do/a interesado/a. O/A elector/a solicita á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral a remisión da documentación para exercer o seu dereito ao enderezo que indique. A solicitude debe formularse persoalmente nas oficinas consulares de carreira ou seccións consulares das embaixadas coma moi tarde, 25 días despois da convocatoria das eleccións (neste caso os trámites terán que realizarse entre o 29 de agosto o 22 de setembro).
Para iso, será requisito previo estar inscrito no rexistro de matrícula consular como non residente (ambas - solicitude e inscrición - poden realizarse no mesmo acto). O impreso de solicitude pode recollerse nos consulados e seccións consulares de embaixadas, así como descargarse da web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (www.maec.es). A Oficina do Censo Electoral realizará a correspondente anotación no censo, indicando que o/a elector/a votará por este procedemento e que non poderá votar persoalmente na mesa electoral o día da votación (co fin de evitar a duplicidade do voto). Así mesmo, a Oficina do Censo Electoral remitiralle a documentación por correo certificado e urxente ao/á elector/a ao domicilio indicado, non máis tarde do 1 de outubro, este prazo pode ampliarse ata o 9 de outubro, no caso de haber impugnación de candidatos. A documentación que debe recibir o/a elector/a será:
O/A elector/a introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o certificado de inscrición no censo e o sobre de votación coa papeleta elixida, e o remitirá por correo certificado antes do 18 de outubro. Será indispensable para a validez do voto que conste claramente no sobre dirixido á mesa electoral un cuño ou outra inscrición oficial da oficina de correos do estado que certifique o cumprimento do requisito do envío do voto tres días antes de teren lugar as eleccións. Temos dispoñibles as instrucións e o impreso de solicitude de voto dos/as electores/as temporalmente ausentes: Tamén pode atopar máis información sobre a solicitude na páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. |