Desenvolvemento da votaciónAs 9:00 horas ábrese o colexio electoral e o/a presidente/a da mesa anuncia o comezo da votación coas seguintes palabras: "empeza a votación". Durante a xornada electoral a mesa debe contar coa presenza de, polo menos, dous membros. Durante a xornada electoral o/a presidente/a debe facer gardar a orde no local electoral. A votación pode suspenderse ou interromperse nos seguintes casos: InterrupciónO/a presidente/a da mesa deberá interromper a votación cando advirta a ausencia de papeletas dalgunha candidatura e non poida suplila mediante papeletas subministradas polos apoderados/as ou interventores/as da correspondente candidatura. Nese caso comunicaralle telefonicamente a súa decisión á Xunta Electoral de Zona, para que esta as subministre inmediatamente. A interrupción non pode durar máis dunha hora e a votación prorrogarase tanto tempo como estivera interrompida. SuspensiónA suspensión da votación prodúcese ben por interrupción superior a unha hora, ou ben por causa de forza maior. A suspensión da votación será responsabilidade do/da presidente/a da mesa. É conveniente que antes de adoptar esta decisión, o/a presidente/a recolla o parecer de todos os membros da mesa e, se as circunstancias o permiten, consulte por teléfono á Xunta Electoral de Zona. En caso de suspensión, o/a presidente/a resolverá ao respecto en escrito razoado, que deberá unirse ao expediente electoral. O/a presidente/a enviará inmediatamente despois de estendelo, unha copia certificada do dito escrito, xa sexa en man xa sexa por correo certificado á Xunta Electoral Provincial, para que esta comprobe a certeza e suficiencia dos motivos e declare ou esixa as responsabilidades que resulten. No caso de suspensión da votación, non se teñen en conta os votos emitidos na mesa, nin se realiza o seu escrutinio. O/a presidente/a ordena inmediatamente a destrución das papeletas depositadas na urna e fai constar este aspecto no escrito antes mencionado. Suspendida a votación nunha mesa electoral, a Xunta Electoral de Zona convocará novas eleccións na mesa dentro dos dous días seguintes. Desenvolvemento da votaciónO/A representante da Administración débese presentar ante o/a presidente/a da mesa ás 12:00 horas e ás 17:00 horas para solicitar o número de votantes ata aquel momento. Na emisión do voto deben seguirse os seguintes pasos: 1) OS/AS ELECTORES/AS ACERCARANSE Á MESA DE UN/UNHA EN UN/UNHA, despois de ter pasado, se así o desexan, pola cabina de votación. 2) O/A ELECTOR/A MANIFESTARÁ O SEU NOME E OS SEUS APELIDOS ao/á presidente/a 3) COMPROBAR A IDENTIDADE DO ELECTOR/A: Os/as vogais e os/as interventores/as comprobarán a identidade do elector/a. Para iso, o/a elector/a deberá presentar algún dos seguintes documentos:
ACEPTARASE A PRESENTACIÓN DESTES DOCUMENTOS AÍNDA QUE ESTEAN CADUCADOS, PERO TEÑEN QUE SER OS ORIXINAIS, NON SE ACEPTARÁN FOTOCOPIAS. Se, a pesar de mostrar estes documentos, aparecen dúbidas sobre a identidade do/da elector/a, a mesa, tendo en conta os documentos achegados e o testemuño que poidan presentar os/as electores/as presentes, decidirá por maioría. Estas circunstancias deben anotarse na acta de sesión. 4) COMPROBAR QUE O/A ELECTOR/A ESTÁ INSCRITO/A NA LISTA DO CENSO ELECTORAL. Os/as vogais e interventores/as comprobarán que o/a elector/a figura inscrito/a na lista do censo electoral. Na lista do censo electoral figuran inscritos/as os/as electores/as que poidan votar na mesa. Esta lista debe estar entre a documentación facilitada á mesa. SE O/A ELECTOR/A NON FIGURA NA LISTA DO CENSO, só poderá votar na mesa se presenta algún destes documentos: A. SENTENZA XUDICIAL que recoñeza o dereito do/da votante a estar inscrito no censo da mesa B. CERTIFICACIÓN CENSUAL ESPECÍFICA, expedida pola Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral que habilite para facer efectivo o seu dereito ao voto Unha certificación censual específica é un medio polo que o/a cidadán/á pode acreditar que está inscrito/a no censo electoral vixente, aínda que non figure, ou figure con datos incorrectos, nos exemplares certificados das listas do censo postos a disposición das mesas electorais. As certificacións censuais poden ser de dous tipos: 1. De alta no censo: refírense a cidadáns/ás que están inscritos no censo electoral pero que non figuran na lista certificada enviada á mesa 2. De corrección de erros materiais: teñen por finalidade corrixir algún dos datos (nome, enderezo, etc.) dos/as votantes que están incluídos/as na lista certificada do censo enviada á mesa. As certificacións censuais específicas pódeas solicitar persoalmente o elector/a na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral ata o mesmo día da votación e antes da hora de peche dos colexios electorais. Tamén poden ser solicitadas por fax, a través do concello e remitidas aos/ás interesados/as por este mesmo medio. Será válido, para a votación, tanto o orixinal da certificación censual específica como a recibida por fax a través do concello respectivo. ADEMAIS, DEBE TERSE EN CONTA: NON PODEN VOTAR PERSOALMENTE NA MESA, aínda que estean incluídos/as no seu censo:
NON PODEN VOTAR PERSOALMENTE NA MESA, ao non estar incluídos/as no seu censo:
PODEN VOTAR NA MESA, aínda que non estean incluídos/as no seu censo:
Os/as electores/as que non saiban ler, ou que por discapacidade, non poidan elixir a papeleta, colocala dentro do sobre, ou entregarlla ao/á presidente/a da mesa, poden pedir axuda dunha persoa da súa confianza. 6) INTRODUCIR O SOBRE NA URNA. A continuación, o/a presidente/a fará o seguinte:
b) dirá en voz alta o nome do/a elector/a, e engadirá "Vota" c) entregará o sobre da votación ao/á elector/a que o depositará na urna.
O sobre de votación debe ser introducido na urna polo/a elector/a.
a) os/as vogais e, no seu caso, os/as interventores/as que o desexen, anotarán na lista numerada de votantes o nome e apelidos dos/as electores/as pola orde en que emitisen o seu voto b) ademais, indicarán o número co que figuran na lista do censo electoral ou, no seu caso, que achegaron unha certificación censual específica O/a elector/a ten dereito a examinar se foron ben anotados o seu nome e apelidos na lista numerada de votantes. VOTACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE VISUAL COÑECEDORAS DO SISTEMA BRAILLE, que utilicen o procedemento de voto accesible regulado regulamentariamente. O/a presidente/a da mesa electoral, ou, no seu caso, algún dos/as vogais, entregará ao/á elector/a con discapacidade visual que teña comunicado a súa intención de utilizar o procedemento de votación previsto no Real decreto que regula un procedemento de voto accesible, a documentación que integra este procedemento de votación, logo da comprobación comprobación, mediante a exhibición do Documento Nacional de Identidade, da súa inclusión no listado das persoas que comunicaron a intención de utilizar o dito procedemento, listado que obra en poder da mesa electoral. Na documentación entregada, o/a elector/a atopará unhas instrucións explicativas sobre a utilización desta, impresas en sistema braille. Así mesmo, o/a presidente/a da mesa electoral ou, no seu caso, algún dos/as vogais, indicaralle e facilitaralle o acceso ao espazo do colexio electoral habilitado para o manexo da documentación entregada. Unha vez seleccionada a súa opción de voto, seguirase o mesmo procedemento de votación descrito para a totalidade dos electores. Ademais do procedemento de voto accesible que facilita ás persoas con discapacidade visual o exercicio do dereito de sufraxio, estas persoas poden seguir acudindo á posibilidade de asistencia dunha persoa da súa confianza para poder exercer o seu dereito de voto. Finalización da votaciónÁs 20:00 horas o/a presidente/a anunciará en voz alta que vai concluír a votación. Se a votación se tivese que interromper nalgún momento por falta de papeletas dalgunha candidatura, o horario debe prorrogarse durante tanto tempo como durase a interrupción. Se, despois de se anunciar o final da votación, quedasen no local electoral ou no seu acceso electores/as que aínda non tivesen votado, o/a presidente/a deixaraos votar e non permitirá que vote ninguén máis. Logo de que votase o/a último/a elector/a presente no local, o/a presidente/a debe introducir na urna os sobres que conteñan as papeletas de voto remitidas por correo, correspondentes a aquelas persoas que solicitaron facelo por correo, ben desde España ou ben desde o estranxeiro, no caso dos/as españois/las que se atopen temporalmente no estranxeiro e se acolleron ao procedemento de votación previsto no Real decreto que regula un procedemento de votación para os/as cidadáns/ás españois/las que se encontren temporalmente no estranxeiro. Para iso deben seguirse os seguintes pasos: 1) Abrir de un en un os sobres remitidos ao/á presidente/a da mesa que conteñen o sobre do voto por correo e comprobar que contén o certificado de inscrición no censo do/a elector/a Se falta o certificado de inscrición no censo debe destruírse o sobre e toda a documentación que contén, xa que non poden considerarse como voto válido, nulo ou en branco ao non poder contabilizarse o/a votante. O sobre que contén a papeleta non debe abrirse. 2) Comprobar que o/a elector/a está inscrito/a no censo da mesa 3) Introducir na urna o sobre da votación 4) Anotar o/a elector/a na lista numerada de votantes. Os/as vogais anotarán o nome do/a elector/a na lista numerada de votantes A continuación, poderán votar os membros da mesa e os/as interventores/as que estean inscritos no censo da circunscrición correspondente á mesa, e especificarase na lista numerada de votantes a sección e mesa electoral daqueles/as interventores/as que non figuren no censo da mesa. RECORDE QUE esta anotación resulta necesaria para poder cubrir debidamente a acta de sesión. Tanto os/as electores/as que votasen por correo como os membros da mesa e os/as interventores/as que voten, deberán ser incluídos na lista numerada de votantes. Logo de rematar estas operacións, os/as vogais e interventores/as asinarán a lista numerada de votantes. A sinatura debe poñerse nos seguintes lugares da lista:
O escrutinio de resultados realízase da seguinte forma: 1) EXTRAER O SOBRE DA URNA ABERTA E LER A PAPELETA Logo de abrir a urna, o/a presidente/a sacará, un a un, os sobres da urna, abriraos e lerá en voz alta o nome da candidatura votada. Os sobres abertos teñen que conservarse para o seu reconto posterior. Ao examinar os sobres e as papeletas, ademais de votos válidos a candidaturas, poderán encontrarse casos de:
Estas dúas categorías teranse en conta para os efectos de reconto e determinación do resultado da votación. Son VOTOS EN BRANCO:
Son VOTOS NULOS:
2) ENSINAR A PAPELETA AOS/ÁS VOGAIS, INTERVENTORES/AS E APODERADOS/AS O/a presidente/a mostrará cada papeleta, unha vez lida, aos/ás vogais, interventores/as e apoderados/as. Se algún notario/a, candidato/a ou representante de candidatura, presente no acto de escrutinio, tivese dúbidas sobre o contido dunha papeleta, poderá pedila para o seu exame ante os membros da mesa. 3) COMPROBAR QUE O NÚMERO DE SOBRES COINCIDE CO DE VOTANTES ANOTADOS/AS NA LISTA NUMERADA DE VOTANTES Rematado o escrutinio comprobarase que o número de sobres extraídos da urna coincide co de electores/as que votasen (anotados na lista numerada de votantes). A lista numerada de votantes incluirá os/as votantes que achegasen a certificación específica de alta no censo da mesa. Estas persoas en principio, non estaban incluídas na lista do censo que manexa a mesa pero terán votado tamén na mesa ao teren achegado a citada certificación específica de alta. 4) RESOLVER AS RECLAMACIÓNS E PROTESTAS CONTRA O ESCRUTINIO O/a presidente/a preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se se presenta algunha protesta ou reclamación contra o escrutinio, resolveraa a mesa por maioría dos seus membros. 5) DESTRUÍR AS PAPELETAS DE VOTACIÓN As papeletas destruiranse en presenza dos/as asistentes. Non obstante, NON DEBEN DESTRUÍRSE as seguintes papeletas:
Coas papeletas que non se destrúan debe facerse o seguinte:
|