Voto do persoal vinculado á defensaAVISO IMPORTANTE: "A Xunta Electoral Central, en sesión do 27 de setembro do 2012, acordou ampliar- con carácter xeral, para todos os electores que exerzan o voto por correspondencia- o prazo para o depósito do sobre de votación nas Oficinas de Correos de toda España ata o día 18 de outubro, no horario habitual de funcionamento das devanditas Oficinas".
ElectoresPersoal embarcado en buques da armada ou que, por pertencer a unidades militares terrestres ou aéreas, se atope destacado fóra do territorio nacional, en situacións vinculadas coa defensa nacional, e que participe ou coopere coas forzas dos países aliados e de organizacións internacionais, en misións de asistencia humanitaria ou mantemento da paz internacional, que se atopen nesa situación desde a data de convocatoria das eleccións ata a súa celebración. ProcedementoO/A comandante do buque ou o/a xefe/a da unidade remitiralle a relación do persoal que desexa exercer o seu dereito de sufraxio ao/á Director/a Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa. Este/a tramita as solicitudes de certificado de inscrición no Censo Electoral a partir do 28 de agosto e ata o 11 de outubro. Por cada solicitante faranse constar:
A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente, unha vez comprobada a inscrición do/a interesado/a, remite a documentación electoral á Dirección Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa, para que, polo procedemento máis urxente posible, a faga chegar aos/ás destinatarios/as. En concreto, o/a elector/a recibirá a seguinte documentación:
O/A elector/a procede a exercer o seu dereito ao voto unha vez que recibe a documentación. Os votos emitidos son postos a cargo do/a comandante do buque ou xefe/a da unidade, que os custodia ata a recollida polo/a encargado/a do seu transporte a territorio nacional. A Dirección Xeral de Persoal do Ministerio de Defensa fará chegar os votos recibidos á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., antes do 18 de outubro, que os remitirá con carácter urxente á mesa electoral correspondente. Os servizos de radiotelegrafía dos buques ou das unidades terán a consideración de dependencias delegadas do Servizo de Correos. Os/as comandantes dos buques ou xefes/as das unidades, así como o/a comandante do avión e o/a Director/a Xeral do Persoal do Ministerio de Defensa terán a consideración de funcionarios/as encargados/as da recepción da solicitude. |