Formación das mesas electorais

¿É obrigatorio o cargo de vogal ou presidente/a de mesa electoral?

Sí, ademais dun deber cidadán é unha obriga que de ser incumprida está castigada pola lei coa pena de prisión de 3 meses a 1 ano ou multa de 6 a 24 meses.

Se vostede resulta seleccionado/a para formar parte dunha mesa electoral e non cumpre as condicións requiridas ou non vai poder desempeñar ese cargo por causa xustificada e demostrable, ten que alegar esas circunstancias á Xunta Electoral de Zona. Se non o fai e non se presenta ou abandona o cargo, está incorrendo nun delito castigado pola lei electoral. (Ver apartado seguinte)

¿Como se escollen os membros das mesas electorais?

Os/As presidentes/as e vogais das mesas electorais selecciónanse por sorteo público entre os/as electores/as da sección que sexan menores de setenta anos e que saiban ler e escribir. Se ben a partir dos sesenta e cinco anos poderán manifestar a súa renuncia no prazo de sete días. O Presidente deberá ter o título de Bacharelato ou o de Formación Profesional de segundo Grao, ou subsidiariamente o de Graduado Escolar ou equivalente.

O sorteo para seleccionar aos membros das mesas será realizado polo concello nun acto público que debe celebrarse entre os días 25º e 29º posteriores á convocatoria (neste caso, entre os días 22 de setembro e o 26 de setembro, ambos os dous inclusive).

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a | Aviso legal