Voto de enfermos e impedidos

AVISO IMPORTANTE: "A Xunta Electoral Central, en sesión do 27 de setembro do 2012, acordou ampliar- con carácter xeral, para todos os electores que exerzan o voto por correspondencia- o prazo para o depósito do sobre de votación nas Oficinas de Correos de toda España ata o día 18 de outubro, no horario habitual de funcionamento das devanditas Oficinas".

 

Electores

Persoas que por enfermidade ou incapacidade non poden solicitar persoalmente o voto por correo.

Procedemento

En caso de enfermidade ou incapacidade que impida a formulación persoal da solicitude do voto por correo, esta debe acreditarse mediante unha certificación médica oficial e gratuíta. Así, outra persoa poderá efectuar en nome do/a elector/a a solicitude de voto, sempre que estea autorizada notarialmente ou no consulado mediante un documento que se estenderá individualmente en relación con cada elector/a (nun mesmo documento non se poderán incluír varios/as electores/as, nin unha mesma persoa poderá representar a máis dun/dunha elector/a).

Comprobada a circunstancia pola xunta electoral competente, tramitarase a solicitude, só se se achega o certificado médico acreditativo da enfermidade ou incapacidade.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Atendémolo/a | Aviso legal